A organización do congreso habilitará unha aula multimedia para a presentación daqueles traballos cuxos autores non poidan realizar a súa exposición de forma presencial e queiran, no seu lugar, presentala gravada en vídeo. Os autores que opten por esta modalidade deberán enviar antes do 30 de xuño, xunto co texto íntegro da súa comunicación, un arquivo en formato mp4 de 10 minutos de duración, no que se describa de forma abondo o traballo realizado. Este arquivo deberá ser enviado á dirección e email do congreso comprimido en Winrar. Recoméndase seguir a pauta: Introdución, Método, Resultados e Discusión.
O arquivo de vídeo incluirá ao inicio e final a dirección de correo electrónico á que os congresistas poderán dirixirse para contactar cos autores.
Ligazóns dende o que se poden visualizar as comunicacións en vídeo:
Coordinador: Fernando Iglesias Amorín