Modalidades - Congresointernacional-psicopedagoxia

Procura
Vaya al Contenido

Menu Principal:

Modalidades

O envío de propostas de comunicación sometidas á Comisión Organizadora, e que serán avaliados pola Comisión Científica, se pode facer en catro modalidades:

Comunicacións:
 Propostas de traballos sobre investigacións ou programas de intervención en fase adiantada de desenvolvemento ou xa concluídos, a presentar oralmente en mesas formadas pola Comisión Organizadora sobre as distintas temáticas. Para a exposición de cada comunicación dispoñerase de 15 minutos. O debate realizarase de forma conxunta, unha vez que todas finalicen. A exposición poderá facerse de forma presencial ou a través da Aula multimedia, logo de envío do vídeo correspondente [+ información]. Debe haber polo menos unha persoa inscrita por cada comunicación presentada.


Posters: Propostas de traballos sobre investigacións ou programas de intervención, a presentar visualmente en sesións simultáneas que establecerá a Comisión Organizadora. Os posters terán un tamaño de 100 x 120 cm (ancho x alto). Recoméndase que a súa estrutura sexa: Introdución, Método, Resultados e Discusión, dando prioridade aos aspectos gráficos sobre os textuais, de cara a facelos atractivos e facilitar a súa lectura. Debe haber polo menos unha persoa inscrita por cada poster presentado.

Simposios: Propostas de comunicacións organizadas polos proponentes arredor dun tema, a presentar oralmente en mesa definida polos proponentes, con indicación da persoa que o coordinará e quen será quen faga a proposta á Comisión Organizadora. Os participantes que integran o simposio deben traballar xuntos no tema proposto e poñer cuestións para debate. Cada simposio terá unha duración de dúas horas e estará composto por un máximo de seis comunicacións orais de 15 minutos cada unha, máis 30 minutos reservados para un debate conxunto posterior. Debe haber unha persoa inscrita por cada comunicación presentada nun simposio.

Seminarios de Investigación: Propostas de comunicacións orais sobre proxectos de investigación en fase inicial ou en curso para expoñer ante tres profesores "Sénior", presentados por alumnado de másteres ou programas de doutorado para discutir o progreso das súas investigacións. Cada presentación non debe superar os 10 minutos, con outros 20 minutos reservados para a discusión e achegas. Estes seminarios levaranse a cabo na mañá do 2 de setembro.

NINGÚN TRABALLO PODERÁ TER MÁIS DE SEIS AUTORES. CADA PERSOA QUE SE INSCRIBA NO CONGRESO PODERÁ ENVIAR ATA DOUS TRABALLOS (COMUNICACIÓNS, POSTERS, OU SIMPOSIOS), COMO MÁXIMO, QUE SE PUBLICARÁN NAS ACTAS DO CONGRESO, E TAN SÓ OS CONGRESISTAS INSCRITOS TERÁN DEREITO A RECIBIR A DOCUMENTACIÓN E A CERTIFICACIÓN, XUNTO COAS ACTAS.
 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal