Os autores enviarán antes do 20 de maio un resumo da súa proposta utilizando o arquivo: XIIGP_template_proposta. Nela indicarán área temática, tipo de contribución, título, autores, afiliación e resumo coas seguintes características: Todo o documento irá en tamaño A4, con marxes de 2,5 cm nos catro lados, e escrito a dobre espazo con letra Times New Roman de 12 puntos. O título terá un máximo de 15 palabras. O resumo consistirá nun único parágrafo de entre 300 e 500 palabras, en español, galego, portugués ou inglés sen sangrado e sen negrita. Debe resumir a idea principal do traballo dun xeito simple, expoñendo de forma concisa o tema principal e permitindo identificar as variables ou as cuestións teóricas obxecto de investigación, así como a relación entre elas. Incluirá os aspectos principais do método, os resultados e as conclusións, pero non levará subdivisións. Tampouco incluirá citas nin referencias bibliográficas. A continuación incluirase o mesmo resumo en inglés, co título "Abstract"- Se o traballo se presenta enteiramente en inglés, deberá levar ademais un resumo en español ou portugués.
O envío da proposta para a súa consideración polo comité científico deberá facerse a través da plataforma OJS da Revista de Estudos e Investigación en Psicoloxía e Educación, dentro dunha das seccións dedicadas ao XIII GP, dependendo da área temática á que se queira adscribir. Para iso utilizarase a seguinte ligazón: http://revistas.udc.es/index.php/reipe/login. Quen queira enviar unha proposta e non estea xa rexistrado na Revista, deberá rexistrarse como autor/a e conservar o seu login e password para todas as comunicacións relativas ao envío, aceptación e publicación dos seus traballos. Isto afecta ao autor/a cuxo e-mail figure na proposta como persoa de contacto, que será quen deba facer o envío do documento a través da plataforma OJS.
O coordinador/a de cada área confirmará a aceptación ou rexeitamento da proposta á persoa de contacto antes do 31 de maio de 2015.
Unha vez aceptada a proposta os autores deberán enviar, antes do 10 de xullo, o texto completo do seu traballo, en formato "camera ready" e seguindo estritamente o formato especificado no arquivoXIIGP_template_formato_final. A lonxitude máxima será de 5 páxinas a dúas columnas, con fonte de 10 pts. e espaciado sinxelo (equivalente, aproximadamente, a 12 páxinas a dobre espazo con fonte de 12 pts.), incluíndo un abstract de non máis de 120 palabras. Para facer o envío utilizarase de novo a ligazón coa plataforma OJS http://revistas.udc.es/index.php/reipe/login e empregarase o mesmo login e password utilizado para presentar a proposta. Todos os traballos serán publicados exactamente como os remitan os autores. A organización non se fai responsable dos posibles erros que os autores cometan na confección do seu orixinal.
Polo que se refire aos simposios, o procedemento é o mesmo, agás que a proposta a fará quen desexe organizar un, achegando nun único documento feito co arquivo XIIGP_template_proposta todos os resumos de cada unha das comunicacións (de 300 a 500 palabras cada un), ademais dun breve resumo (100-120 palabras) relativo ao conxunto do simposio. Para o envío, na aplicación deberase seleccionar como sección "XIII Congreso Psicopedagogia: SYMPOSIA". Para a publicación nas actas dos traballos presentados nos simposios cada un debe ser enviado individualmente. Para iso, os autores de contacto de cada traballo deberán rexistrarse na plataforma OJS (se aínda non o están) ou entrar co seu usuario e contrasinal e subir o seu propio documento, confeccionado co arquivo XIIGP_template_formato_final e en formato "camera ready".
A Comisión Organizadora só integrará nas actas vos textos completos que lle sexan remitidos, seguindo as normas de publicación e ata a data límite de recepción (10 de xullo de 2015).
Enviar proposta ou traballo final aceptado
(Open Journal System)
NINGÚN TRABALLO PODERÁ TER MÁIS DE SEIS AUTORES. CADA PERSOA QUE SE INSCRIBA NO CONGRESO PODERÁ ENVIAR ATA DOUS TRABALLOS (COMUNICACIÓNS, POSTERS, OU SIMPOSIOS), COMO MÁXIMO, QUE SE PUBLICARÁN NAS ACTAS DO CONGRESO, E TAN SÓ OS CONGRESISTAS INSCRITOS TERÁN DEREITO A RECIBIR A DOCUMENTACIÓN E A CERTIFICACIÓN, XUNTO COAS ACTAS.