Presentación - Congresointernacional-psicopedagoxia

Procura
Vaya al Contenido

Menu Principal:

Presentación

Chega unha nova edición, para Setembro de 2015, do Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía. 

De novo poñémonos a andar para convocar xa esta decimoterceira edición en colaboración coa Universidade do Miño que, dende hai perto de vinte anos, vimos celebrando estes Congresos en organización conxunta de acordo co protocolo de cooperación en tre ambalas dúas universidades. É verdade que constitúe unha converxencia académica e que supón unha grande mobilización de profesionais, de estudantes e profesores dos diversos ámbitos do Ensino, da Psicoloxía, da Psicopedagoxía e, en xeral,  das Ciencias da Educación.   

Dende os seus inicios, alá polo ano 1995, este Congreso destacou por varios aspectos que lle son propios, que o definen como específico no ámbito da Psicopedagoxía e que pasamos brevemente a sinalar:

  • É un Congreso aberto a todos os profesionais dos diferentes ámbitos e niveis do ensino e aprendizaxe en contextos educativos;  

  • É aberto a todo tipo de alumnos e alumnas das Universidades do Miño e da Coruña, asi como de outras universidades e ámbitos educacionais do Estado español e de Portugal

  • Pero, tamén, queremos destacar a súa mutidisciplinariedade e, quizáis por esto, cada vez máis incorpóranse a este Congreso xentes de outras nacionalidades, sobre todo de América e Africa.

  • Tratamos e estudamos sempre unhas temáticas que están en estreita relación cos procesos de ensinanza e aprendizaxe en diferentes contextos educacionais.

  • Supón este Congreso un lugar axeitado de diálogo, debate, análise e toma de decisións sobre todos aqueles aspectos que afectan aos profesores e alumnos das nosas institucións educativas.  


En relación cos Congresistas asistentes, observamos nestas últimas edicións do Congreso, progresivamente, a presencia de participantes de toda a España, asi como dos países da Comunidade de Países da Língua Portuguesa (CPLP), sobresaínsdo significativamente os participantes do Brasil; sen embargo, tamén se rexistran congresistas de Cabo Verde, Angola e Moçambique e, aínda, de algúns outros países da América Latina como a República Dominicana, Venezuela e Colombia.

Como diciamos, o recoñecemento e  respecto á multidisciplinariedade e á multidimensionalidade dos processos da educación como a multiplicidade dos contextos en que ocorren, son dous rasgos propios e definidores nosos,  pero queremos salientalos especialmente neste XIII Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía e así, destácanse nos seus domínios temáticos. Neste sentido, o Congreso contempla quince áreas temáticas que se distribuirán entre Conferencias plenarias, Ponencias de debate, Simposios, Comunicacións, Pósters e Seminarios de Investigación.

Como xa ven sendo tradicional, a Comisión Organizadora editará, ademais do Libro do Programa pormenorizado do Congreso e o Libro de Resumos en CD, un volume coas Actas cos textos completos das Comunicacións orais, Simposios e Pósters, como número extraordinario da Revista de Estudos e Investigación en Psicoloxía e Educación. O Programa en papel e o CD cos resumos distribuiranse no momento do Congreso, e os textos completos estarán dispoñibles na súa versión pre-print nesta web permitindo así aos participantes seguir máis de preto as comunicacións a presentar, analizar máis profundamente todos os traballos e, aínda, reforzar a interacción entre os congresistas promovendo así a formación de colaboracións e novas equipas de proxectos que, sen dúbida, terán as súas concrecións nun futuro próximo.

Alfonso Barca Lozano
Bento Duarte da Silva


 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal